Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November 25, 2016

Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro

Imaxe
Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero

Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra queremos destacar tres libros infantís que rompen tópicos de xénero.

Tratase da colección Lila Lilaina. Os seus tres títulos: ‘Roi quere ser mamá’, ‘Carlota e o príncipe azul’ e ‘Azul e Rosa’ cuestionan certos símbolos, hábitos e costumes sobre a separación entre sexos e o que se espera dos nenos e das nenas.

Nun mundo no que tanto certa literatura infantil coma parte dos brinquedos que existen no mercado seguen a perpetuar certos preconceptos sobre o propio de rapazas e o propio de rapaces, esta colección enséñalles a nenas e nenos que non hai cores específicas segundo o xénero, que os papas e as mamas fan o mesmo tipo de cousas e que agardar por un príncipe azul pode ser moi aburrido.

Ana Pillado Vega é a autora desta colección que están entre os referentes da igualdade entre nenas e nenos.

Podes atopalo…