venres, 16 de outubro de 2015

CAMBIOS NA PLATAFORMA EBIBLIO DE LECTURA DE LIBRO ELECTRÓNICO

GaliciaLe / eBiblio . Outubro 2016           
                                                                                      
A partir do día 1 de outubro O servizo de préstamo de libros electrónicos e audiolibros eBiblio  (é dicir a parte que alberga os títulos en castelán dentro de GalciaLe), ofrecido pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria en colaboración coas Comunidades e Cidades Autónomas, ha migrado a unha nova plataforma. Migrando desde Libranda, antiga plataforma a ODILO.

Esta nova plataforma ampla as funcionalidades ofrecidas engadindo:

-    Lectura en Kindle mediante streaming
-    Utilización da mesma contrasinal para a app de eBiblio e a conta de Adobe Dixital Editions
-    Préstamo desde a pantalla de inicio 
-    Previsualización de contidos  
-    Flexibilidade na devolución dos préstamos incluíndo as descargas con DRM 
-    Procura por campos e incorporación de procura avanzada e facetada   
-    Posibilidade de compartir comentarios e opinións a través das redes sociais 
-    Puntuación de lectura por parte do usuario 
-    Enlaces á Wikipedia con información sobre os autores 
-    Deseño específico para pantallas pequenas (menores de 600 píxeles)

Con todo, nestes momentos as melloras atópanse dispoñibles só para unha parte do fondo debido á limitación dalgúns provedores de contidos / editoriais.

Estas limitacións afectarán ás seguintes funcionalidades que ten a nova plataforma en parte dos contidos que se poñen a disposición dos usuarios a través do catálogo:

-  A posibilidade de lectura en streaming de parte dos contidos. Só se poderá realizar a lectura dos mesmos a través de descarga (DRM de Adobe)
-  A previsualización e  devolución antes de 21 días de parte dos contidos 
-  Os usuarios que tivesen descargados contidos con Adobe previos á migración da plataforma nos seus dispositivos poderán finalizar a súa lectura ata a data de finalización de préstamo, pero non  poderán volver descargalos noutros dispositivos.

Desde el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte se está trabajando para solventar dichas limitaciones y hacerlas extensivas a toda la colección.

O cambio implicará,para todos aqueles usuarios que utilicen a App eBiblio, realizar unha nova instalación da aplicación:  para seguir facendo uso da App eBiblio o usuario terá que borrar a aplicación xa instalda  (App eBiblio Galicia) e facer unha nova instalación, esta vez da App eBiblio Odiolo.



mércores, 14 de outubro de 2015

A Praio dos Afogados: O club de lectura en galego vai o cine

Os participantes do club de lectura  en galego da BPP e a súa coordinadora Patricia Saavedra, irán hoxe 14 de outubro as 20:30  a ver a película "A praia dúas afogados"de Gerardo Ferreiro con Carmelo Gómez no papel de Leo Caldas (Multicines Cinexpo - Vialia)



Argumento: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

xoves, 8 de outubro de 2015

Tarde do venres na Biblitoeca. Sesión de contos con Raquel Queizás: "Mariña. Contos nacidos no mar"

Venres 9 de outubro as 18:00 h. na sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra Sesión de contos con Raquel Queizás
"Mariña. Contos nacidos no mar"

Nenos a partir de 3 anos.
Entrada libre ata completar aforo

Pechamos por fumigación

O sábado 9 de outubre a Biblioteca Pública de Pontevedra permanecerá pechada por traballos de fumigación das instalacións.



domingo, 4 de outubro de 2015

ACTIVIDADES OUTUBRO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA - INFANTIL


2 de outubro, venres: Sesión de contos “Contos fío a fío”, a cargo de Pavís Pavós

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


9 de outubro, venres: Sesión de contos “Mariña”, a cargo de Raquel Queizás


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

16 de outubro, venres: Obradoiro para adultos“”, a cargo de IMASV


23 de outubro, venres: Sesión de contos “O coelliño branco”, a cargo de Trinketrinke Teatro (Especial “Día da biblioteca, 24 de outubro)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

30 de outubro, venres: Contos para bebés “Os contos de chupete”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Sinopse: Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 19 de outubro, luns, no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 21 h.
As invitaciones recolleranse na planta baixa (Información)
30 bebés (con dous adultos cada un)
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


xoves, 1 de outubro de 2015

"Tardes dos venres na Biblioteca": "Contos fío a fīo" a cargo de Pavís Pavós

O venres 2 de Outubro as 18:00 h. "Contos fío a fío", os nosos amigos de Pavís Pavós visitarán a Biblioteca Pública de Pontevedra para compartir con nos as súas  fantásticas historias. 

Nenos a partir de 3 anos..


Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares de Pontevedra e a súa Provincia

1Como cada ano, a Biblioteca Pública de Potevedra lanza o seu "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares" 


¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia.
¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio. 
¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesión  para nen@s de infantil e primaria.

            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas 
            * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas

¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.

Con inscripción previa, a partir do 1 de outubro 

            *por correo electrónico:  biblio.publica.pontevedra@xunta.es,
            *por teléfono 986 85 08 38 ou 
            *na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. 


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...