Publicacións

Mostrando publicacións desta data: August 9, 2013

As festas de Pontevedra nos Fondos da Biblioteca. Exposición Bibliográfica.

Imaxe
Agosto trae as Festas da Peregrina, a semana grande de Pontevedra,  na honra da Patroa da cidade, de toda a provincia e do Camiño Portugués a Santiago.
Dende hai anos, durante varios días a cidade é un fervedoiro de xente, e a música e a animación enchen as prazas do centro histórico que se converten no escenario perfecto para concertos e espectáculos diversos: feira taurina, Batallas das Flores, actos relixiosos…
E para contribuír á celebración destas festas a Biblioteca  Pública de Pontevedra expón unha selección de programas, pregóns e carteis,  desde 1884 a 1979, que poderá verse  na Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra do 9 ó 31 de agosto de 2013, de 08:00 a 14:30, e que nos permiten coñecer como se celebraron estas festas ao longo dos anos:
DIANAS E ALBORADAS VOADORES DE FANTASÍA VÉSPERAS RELIXIOSAS ILUMINACIÓN Á VENECIANA GRAN CONCURSO DE VESTIDOS A CATRO PESETAS CINEMATÓGRAFO PÚBLICO SEMANA DE AVIACIÓN REGATAS E CUCAÑAS GRAN RETRETA GRAN VERBENA D…

Horario de verán na biblioteca

Imaxe
xullo e agosto- na Biblioteca Pública de Pontevedra


Luns a venres de 8:30 a 14:30 Infantil de 9:00 a 14:30
o mostrador de préstamo pechará 10 minutos antes

Historia da biblioteca

Imaxe
Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do Instituto Provincial, colexio da Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.
En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.


Ademais dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.
Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección SampedroLibros en homenaxe a Losada DiéguezBiblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIXParte da biblioteca das irmáns MendozaFondos da Biblioteca do profesor Carlos VillarAsí mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libro…

Liberamos libros: Bookcrossing

Imaxe
Hoxe venres 8 agosto liberamos os seguintes libros a partir das 12:00 horas no vestíbulo da entrada da biblioteca pública, no stand de Bookcrossing 
Vida perdida / Ernesto Cardenal Vida perdida é a autobiografía de Ernesto Cardeal. Soado principalmente pola súa obra poética e pola súa actividade política no sandinismo, Cardeal relata aquí outros aspectos non menos reveladores pero si peor coñecidos da súa vida: a súa infancia e adolescencia nunha Nicaragua á vez ridícula e marabillosa, os seus primeiros amores, os seus primeiros poemas, a súa entrada no mundo literario, a súa experiencia na orde trapense con Thomas Merton, entrelazado todo iso coa perspectiva que lle dan os anos de madurez.


Sonata de Primavera. Memorias del Marqués de Bradomín / Ramón del Valle-Inclán
Valle-Inclán creó el personaje de un noble aventurero español de comienzos del siglo XIX, en la tradición de Don Juan, Casanova o el Childe Harold byroniano. En el fondo de su fantasía late la naturaleza española barroca …