Publicacións

Mostrando publicacións desta data: August 21, 2013

Obradoiro de animación a lectura. Xoves 29 de agosto de 11:00 a 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra

Imaxe
A Cruz Vermella Xuventude durante o ano 2007 e 2008 traballou na creación do libro quitamedos  baixo o tìtulo “A Marca do cempés” e a partires do 2009 puxemos en marcha esta intervención en colexios de primaria e bibliotecas. Este libro pretende ser un recurso de axuda  para a comprensión da enfermedad e a hospitalización co fin de minimizar os temores á propia enfermidade. 




Desenvolvemento A intervención consta de dúas horas cheas de actividades relacionadas  coa lectura da historia "A Marca do cempés".
Resumo da historia O libro conta a historia dun neno chamado Breixo, doente de apendicite e como ingresa no hospital para operarse. 
Trala anestesia o neno ten un soño que pretende ser unha metáfora da intervención cirúrxica. O nexo de unión entre o soño e a realidade será a marca do cempés (cicatriz da operación e protagonista da historia). No soño, uns cempés escollen a Breixo, por ser o posuidor da marca do cempés, para atopar un tapón que ensombrece o seu mundo.…