Publicacións

Mostrando publicacións desta data: August 20, 2013

Actividades setembro 2013

Imaxe
13 de setembro, venres. Obradoiro “Creatividade literaria”, a cargo Luis Vallecillo
Crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas dos cativos axudaremonos dun proxector de tal maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento a creatividade que levan dentro.
Hora: 18:00 Lugar: Sala de obradoiros Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 12 anos Con inscripción previa, a partir do 2 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (25 plazas)


20 de setembro, venres. Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos
Lugar: Sala infantil Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos Hora: 18:00 Entrada de balde, ata completar aforo



20 de Setembro, venres. Presentación do libro: Triste Escarlata de Marcus Cabada

Lugar: Salón de Actos Hora: 19:30 Entrada de balde, ata compl…

Tutoriais

Tutorial de consulta do catálogo en línea (OPAC) da Biblioteca
Se queres saber como buscar no catálogo da biblioteca, aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).
http://youtu.be/32pM2EwDpN

Tutorial para renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca

Se queres saber como renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).

http://youtu.be/7yGQt8NtL7Y