Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 1, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Roberto Blanco Torres, 1999

Imaxe
Roberto Blanco Torres naceu en Cuntis o 18 de marzo de 1891, foi un xornalista comprometido e un poeta que incorporou á súa obra as correntes vangardistas. No ano 1906 emigrou a Cuba, seguindo os pasos dos seus irmáns, e alí comezou a colaborar na prensa da comunidade galega como Follas Novas, Santos e Meigas, Suevia e Galicia, ademais de participar na fundación de xornais como La Alborada (1911) ou La Tierra Gallega (1915). Nesta época coñeceu a ilustres galegos que foron decisivos na súa traxectoria ideolóxica, Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Basilio Álvarez...
En 1910 publícase o seu primeiro artigo na prensa galega, en concreto, na revista Vida Gallega e a finais de 1916, Blanco Torres regresa á Galicia, establecéndose na Coruña. Aquí comeza a participar na vida política galega, primeiro nas Irmandades da Fala e despois na I Asemblea Nacionalista, ademais dunha extensa produción xornalística, traballando en A Nosa Terra e dirixindo diversos xornais como El Correo Gallego, de Fe…