Xosé
Fernando Filgueira Valverde naceu no ano 1906 en Pontevedra. Tras
estudar o bacharelato na súa cidade natal, cursou Dereito e
Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e
Zaragoza.
En
1923 participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos e no
ano 1929 entrou como secretario no padroado do Museo de Pontevedra,
do que chegou a ser director en 1945 e director emérito desde 1986.
Nos
anos vinte, mentres era estudiante, xa participou en diversas
campañas de estudo en monumentos galegos e mantivo unha intensa
actividade como investigador e conferenciante.
En
1927 comezou a súa labor docente no Instituto de Ensino Medio de
Pontevedra. Máis en 1935, tras presentar a súa tese en Madrid,
aprobou a súa oposición de catedrático de Lingua e Literatura
Españolas. Traballou uns anos en Barcelona, Melilla e Lugo, ata que
en 1939 puido volver ó Instituto de Pontevedra xa ata a súa
xubilación en 1976. De feito, foi director do dito Instituto de
Pontevedra desde 1944.
No
ano 1942 ingresou na Real Academia Galega e nas Reais Academias de
Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando e xa en 1972
entrou a formar parte do Instituto da Lingua Galega da Universidade
de Santiago de Compostela. Mais tamén colaborou no Museo do Pobo
Galego, na Confederación española de Centros de Estudos Locais e na
Misión Biolóxica de Galicia.
Aínda que escribiu obras de ficción como O vigairo (1927), Farsa pra rapaces (1936) ou Quintana viva (1971), o groso da súa produción está composto por traballos de investigación. Moitas destas prosas, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. O relacionado coa lírica medieval foi publicado en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).
De
todos os seus estudos destacan os dedicados a Pontevedra, ao estudo
da nosa literatura medieval e a algunhas figuras da nosa historia
como foron o mestre Mateo, o Padre Sarmiento, o Padre Feijoo ou
Rosalía de Castro entre outros.
Participou
activamente tamén na política, nun primeiro momento ligado ó
Partido Galeguista, do que foi elixido secretario técnico.
Participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia, en
1932, pero en 1935 cambiou as súas ideas políticas e incorporouse á
Dereita Galeguista, liderada por Vicente Risco. Tras finalizar a
Guerra Civil e aceptar o novo ordenamento político, foi alcalde en
Pontevedra entre os anos 1959 e 1968. Ocupou tamén outros cargos e
tipo político como foron: membro do Consello Económico Sindical
Provincial de Pontevedra, procurador en Cortes ou presidente do
Tribunal Provincial Tutelar de Menores. Unha vez chegada a
restablecida a democracia en España, en 1982 Filgueira Valverde foi
conselleiro adxunto á Presidencia para a Cultura no primeiro Goberno
autonómico galego, presidido por Xerardo Fernández Albor.
Participou así na creación do Consello da Cultura Galega, do que
formou parte desde a súa creación e que presidiu desde 1990 a súa
morte.
Filgueira
Valverde faleceu
na súa cidade natal en 1996.
No ano 2015 dedicáronlle o Día das Letras Galegas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario