Eladio
Rodríguez González naceu en Leiro e desenvolveu labores de
xornalista, poeta e, sobre todo, lexicógrafo, a él debémoslle un
dos dicionarios de referencia da nosa lingua.
Comezou
a súa carreira exercendo de mestre na súa vila natal, ata que en
1887 se trasladou á Coruña, aínda que a súa visión da paisaxe e
da forma de vida do Ribeiro, acompañárono en toda a súa produción,
tanto xornalística, como poética. Tamén exerceu como funcionario
municipal da cidade herculina entre 1888 e 1937.
A
súa traxectoria como xornalista está intimamente ligada co seu
compromiso coa cultura galega. Así,
colaborou en numerosos xornais e revistas como O
Tío Marcos da Portela, Galicia Moderna, Revista Gallega, Suevia...,
foi
director de La
Mañana e
participou na creación de El
Noroeste e
do seu suplemento literario,
Terra a Nosa,
onde
se podían ler algunhas das voces máis lúcidas da cultura galega
daquela época.
Como
recoñecido home de cultura activo da
cidade, participou na creación da Asociación de la prensa coruñesa,
acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, formou parte da Irmandade da
Fala da Coruña, da Real Academia Provincial de Belas Artes, do
Instituto Histórico do Minho..., ademais de organizar, xunto a
outros compañeiros rexionalistas, a homenaxe aos Mártires de
Carral.
Eladio
Rodríguez foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega,
tamén, exerceu como Secretario da mesma e posteriormente e, en dúas
ocasións, exerceu de Presidente.
Foi
un poeta premiado e recoñecido, nas súas obras destaca o seu léxico
coidado e o dominio da lingua, nelas, enxalza o mundo rural e os seus
costumes, referíndose especialmente ao contexto do Ribeiro e
tratando igualmente, o problema da emigración. Publicou
tres poemarios, Folerpas.
Poesías gallegas (1894),
Raza e terra
(1922)
e Oraciós
campesiñas.
Rodríguez
González conta cunha grande produción ensaística, pero
a que se considera a obra da súa vida, é o Diccionario
enciclopédico gallego-castellano (o Eladio), que consta de 3 volumes
e 45 673 entradas.
O
14 de abril de 1949, Eladio Rodríguez González finou na cidade da
Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario