Lois
Pereiro naceu en Monforte no 1958, rematado COU marchou a Madrid,
para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista
Loia xunto con Antón Patiño,
Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel. A
súa etapa en Madrid rematou
cun feito que marcaría o resto da súa vida, a intoxicación que
sufriu con aceite de colza.
Cara
1981 marcha a vivir á Coruña, onde entrou en contacto cun grupo de
salientables poetas galegos, participando en varias antoloxías como
De amor e desamor (1984)
e De amor e desamor II (1985),
ademais de colaborar en diversas revistas como La Naval,
Luzes de Galiza...
Na
década dos oitenta adicouse a traballar como tradutor do alemán,
francés e inglés e tamén
como actor de dobraxe de
cinema.
Despois
de varios intentos falidos de publicación, o seu primeiro poemario
veu a luz en 1992,
Poemas 1981/1991.
En
1995 publicará a súa última obra en vida, Poesía última
de amor e enfermidade, un libro
moi intenso e duro, marcado pola gravidade do seu estado de saúde,
que fixo que estivera ao borde da morte en 1994.
O
24 de maio de 1996, Lois Pereiro finou na Coruña.
De
xeito póstumo, saíu á luz na revista Luzes de Galiza,
a súa obra Poemas para unha Loia e
no ano 1997, a súa única novela, Náufragos do Paraíso,
editada no 2011.
A
súa obra está influenciada
polo expresionismo centroeuropeo e caracterízase polos trazos de
contracultura, ademais da
intensidade que teñen os seus versos, debido á súa vida,
fortemente marcada pola enfermidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario