Xosé
Antón Avilés Vinagre naceu o 6 de abril de 1935 en Taramancos,
lugar da parroquia de Boa, no concello de Noia. Iniciou os seus
estudos na escola de Boa, para posteriormente, ingresar na Academia
Balmes e proseguir en Santiago de Compostela.
A
súa primeira composición poética foi Saloucos
d´un emigrante
(1951), publicada na revista Tapal,
nos
primeiros anos da década dos cincuenta continuará colaborando con
esta revista, ademais de facelo noutras como Sonata
Gallega.
No
ano 1953 Avilés trasládase á Coruña coa intención de estudar
Naútica, aínda
que nunca chegou a cursala. Na cidade herculina entra en contacto coa
Peña Amanecer e coñece a autores tan salientables como Álvarez
Torneiro, Alfonso Abelenda ou Urbano Lugrís. Colabora en revistas
como Atlántida
ou
Aturuxo e
ven a luz os seus poemarios, As
moradías do vento e
frauta y-o
garamelo.
Avilés
de Taramancos decide regresar a Noia no ano 1960, alí fai amizade
con Salvador García-Bodaño e escribe
a súa obra O
tempo no espello.
A
finais do ano seguinte emigra a Colombia e instálase en Bogotá, alí
comezará a traballar na embaixada do Brasil, onde coñece a Sofía,
coa que casará en 1970. Despois
de abandonar a embaixada do Brasil desempeñou diversos traballos,
nunha peixería, en restaurantes, rexentando negocios propios...
aínda que sen demasiado éxito.
En
1971 instálase coa familia en Cali, onde
exercerá como xerente da librería Cultural Colombiana de Occidente,
foi
unha etapa moi frutífera na que se integrou na vida social e
cultural.
Finalmente,
regresa
a Galicia en abril de 1980, ponse á fronte dun negocio hostaleiro en
Noia, a Tasca Típica, que se converterá nun lugar de referencia
para o mundo intelectual e literario de Galicia.
Moitas das súas
obras ven a luz nestes anos, como Tempo
no espello (1982),
Cantos
Caucanos (1985),
que é unha homenaxe a Colombia, as Torres
no ar (1989),
na que a terra natal e as súas tradicións, son as protagonistas e
tamén, Nova
Crónica das Indias(1989),
a
única publicación en prosa que ten.
Ao
longo dos seus últimos anos realiza numerosas colaboracións en
revistas como, a Dorna,
Boletín Galego de Literatura, Luzes de Galicia, A Nosa Terra...
tamén
colaborou en mostras de teatro, recitais poéticos, fundación de
asociacións culturais e mesmo en política, sendo concelleiro de
cultura en Noia, polo Bloque Nacionalista Galego.
En
marzo de 1992, Avilés de Taramancos falece na Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario