Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 3, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Eladio Rogríguez González, 2001

Imaxe
Eladio Rodríguez González naceu en Leiro e desenvolveu labores de xornalista, poeta e, sobre todo, lexicógrafo, a él debémoslle un dos dicionarios de referencia da nosa lingua.  Comezou a súa carreira exercendo de mestre na súa vila natal, ata que en 1887 se trasladou á Coruña, aínda que a súa visión da paisaxe e da forma de vida do Ribeiro, acompañárono en toda a súa produción, tanto xornalística, como poética. Tamén exerceu como funcionario municipal da cidade herculina entre 1888 e 1937.
A súa traxectoria como xornalista está intimamente ligada co seu compromiso coa cultura galega. Así, colaborou en numerosos xornais e revistas como O Tío Marcos da Portela, Galicia Moderna, Revista Gallega, Suevia..., foi director de La Mañana e participou na creación de El Noroeste e do seu suplemento literario, Terra a Nosa,onde se podían ler algunhas das voces máis lúcidas da cultura galega daquela época.
Como recoñecido home de cultura activo da cidade, participou na creación da Asociación de la p…