Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 6, 2019

"May the 4th be with you"

Imaxe
O 4 de maio acaba de ser recoñecido oficialmente como o Día de Star Wars en California, onde próximamente se instalará o novo parque temático ambientado na coñecida saga cinematográfica.






A elección do día 4 de maio responde a un xogo de palabras, xa que a frase "May the Force be with you", traducida como "Que la fuerza te acompañe", ten unha pronuncia moi similar en inglés a "May the 4th be with you". No segundo andar da biblioteca podedes atopar unha selección de obras para levar en préstamo.


Conta atrás das Letras Galegas: Manuel Lorenzo Varela, 2005

Imaxe
Nado na travesía do navío “la Navarre” cara Cuba en 1916, Xesús Manuel Lorenzo Varela Vázquez pasou os seus primeiros anos de vida viaxando xunto aos seus país entre Galicia e o continente americano ata 1931, cando se instalan definitivamente en Lugo, cidade onde realizará os seus estudos de bacharelato e onde coñecerá a Castelao e Picallo durante un acto do Partido Galeguista.
Persoa sempre unida á política, comeza as súas andaduras xa durante os primeiros anos da década dos 30, participando na fundación das Mocidades Galeguistas de Lugo xunto a Emilio Ferreiro e Ramón Piñeiro entre outros, ademais de afiliarse ao grupo Izquierda Comunista, de ideoloxía trostkista. Cando se produce o Golpe de Estado do 36, vivindo xa en Madrid, Lorenzo Varela pasa a formar parte do Quinto Rexemento de Milicias Populares e participa activamente coas actividades propagandísticas do grupo Alianzas de Intelectuales Antifascistas. Foi nesta etapa cando se afiliou ao Partido Comunista e tamén chegou ser …