Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 9, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Ramón Piñeiro, 2009

Imaxe
Ramón Piñeiro naceu no seo dunha familia labrega de Láncara, en maio de 1915, os seus pais demostraron unha preocupación na educación dos seus pequenos, pouco habitual naquela época, o que explica, que xa antes de chegar á escola, con seis anos, Ramón soubese ler, escribir e tivese nocións básicas de matemáticas. Entre 1924 e 1928 cursou o Bacharelato Elemental en Lugo, aí descubriu a literatura en galego e que o idioma dos campesiños, era tan apto para a poesía como o castelán. Non puido continuar os seus estudos, xa que debido a precaria situación familiar, tivo que regresar para botar unha man, máis grazas a axuda dun amigo do seu pai, puido comezar a traballar como contable dun comercio en Sarria.
A finais de 1931, Piñeiro regresa a Lugo para cursar o Bacharelato superior, é aí onde entra en contacto co galeguismo. Fundou a Mocidade Galeguista de Lugo e comeza a relacionarse cos líderes do Partido Galeguista, ata que é elixido secretario do Comité Provincial do partido e traballa …