Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 11, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Valentín Paz Andrade, 2012

Imaxe
Valentín Paz Andrade (Lérez, 1898 – Vigo, 1987), sobriño do poeta Juan Bautista Andrade, foi un xurista, poeta, xornalista, político e empresario cunha vida moi prolífica e defensor dunha ideoloxía que lle valeu varios atentados contra a súa vida, algunha condena e unha ampla colección de artigos e obras cun alto compoñente político no seu discurso. Por toda a súa labor foi homenaxeado no Día das Letras Galegas no 2012.
Nado no seo dunha familia acomodada, Paz Andrade comezou os seus estudos en Pontevedra para trasladarse en 1917 a Santiago de Compostela, onde cursou Dereito. Gracias ao seu tío coñecera en Pontevedra a Castelao xa no ano 1916, co que mantivo unha estreita amizade durante toda a súa vida e co que compartirá ideais políticos. Gracias a el introducirase no movemento galeguista, chegando a crear o Grupo Galeguista Galego de Estudiantes en Santiago, presidindo anos máis tarde o Grupo Autonomista Gallego (1930) -xa en Vigo- e colaborando na creación do Partido Galeguista (…

Conta atrás das Letras Galegas: Lois Pereiro, 2011

Imaxe
Lois Pereiro naceu en Monforte no 1958, rematado COU marchou a Madrid, para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista Loia xunto con Antón Patiño, Manuel Rivas e o seu irmán Xosé Manuel. A súa etapa en Madrid rematou cun feito que marcaría o resto da súa vida, a intoxicación que sufriu con aceite de colza.  Cara 1981 marcha a vivir á Coruña, onde entrou en contacto cun grupo de salientables poetas galegos, participando en varias antoloxías como De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), ademais de colaborar en diversas revistas como La Naval, Luzes de Galiza...
Na década dos oitenta adicouse a traballar como tradutor do alemán, francés e inglés e tamén como actor de dobraxe de cinema.
Despois de varios intentos falidos de publicación, o seu primeiro poemario veu a luz en 1992, Poemas 1981/1991.
En 1995 publicará a súa última obra en vida, Poesía última de amor e enfermidade, un libro moi intenso e duro, marcado pola gravidade do seu estado de saúde, que …