Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 14, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Manuel María Fernández Teixeiro, 2016

Imaxe
Manuel María nace no ano 1929 na Casa de Hortas, fogar hoxe da súa casa museo, en Outeiro de Rei, na Terra Chá que tanto louvará. No seo dun fogar labrego acomodado, ten acceso a algunhas obras da literatura galega, así como na escola onde o seu mestre adica os sábados á arriscada lectura de Amado Carballo ou Manuel Antonio. Cando contaba 12 anos, o seu pai falece e marcha vivir a Lugo co seu tío, parroco de San Froilán. Home severo pero de gran formación intelectual, Manuel aproveitará a súa biblioteca e gastará a paga na compra de obras clásicas. Nas vacacións estivais, de volta en Outeiro de Rei, Manuel Paderna, xornaleiro na súa casa, ensinaralle a compoñer versos.
En 1949, canda Manuel Antonio Sopena, funda Xistral, revista na que publicará os seus primeiros versos, e pouco despois publica o seu primeiro libro, Muiñeiro de Brétemas. Escrito con só 19 anos, esta obra converteuno no primeiro autor novo en publicar en galego trala guerra civil e inaugurou a denominada Escola da Teb…