Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 15, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Carlos Casares, 2017

Imaxe
Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, cumpridos apenas tres anos, a súa familia trasladouse á vila de Xinzo de Limia, onde o seu pai exerceu como mestre. Cando cumpriu once anos ingresou no Seminario ourensán, formándose en Humanidades. Durante estes anos vivirá nun ambiente fortemente represivo, prohibición estrita de falar galego, que espertarán no autor un espírito inconformista. Neste centro ten a súa primeira experiencia literaria, o xornal manuscrito El averno, que difundía clandestinamente.  Remata o bacharelato por libre no Instituto de Ensino Medio de Ourense e, desde o ano 1962 ata 1968, cursa a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, especializándose en Filoloxía Románica. Nesta época en Compostela tomou parte activa no movemento universitario, ligándose así ao núcleo da cultura galeguista e antifranquista. Entrementres, dedícase con intensidade á creación literaria, publicando na revista Grial e saíndo á luz o seu primeiro libro…