Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 27, 2019

Guatemala, la montaña de basura

Imaxe
Martes 28 de maio, ás 19.00 h, na Biblioteca Pública de Pontevedra terá lugar a presentación do libro "Guatemala, la montaña de basura". O sacerdote guatemalteco Sergio Godoy visitará a Biblioteca de Pontevedra para falarnos da "Comunidade Esperanza". A Comunidade Esperanza é un centro dedícase ao acompañamento de poboación socialmente vulnerable; especialmente de nenos e mozos que traballan no vertedoiro de Cobán (Guatemala) ou que viven nas barriadas marxinais desta cidade. Este libro foi publicado con fins benéficos e pretende sensibilizar acerca da terrible realidade que vive gran cantidade de persoas en Guatemala.