Publicacións

Mostrando publicacións desta data: May 16, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: María Victoria Moreno, 2018

Imaxe
María Victoria Moreno naceu en Extremadura no ano 1939, e viviu parte da súa infancia en Sepúlveda. Tras estudar o Bacharelato en Barcelona, onde aprendeu catalán de francés, en 1963 licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. 
Despois deu clases como profesora interina en Pontevedra, ata que en 1965 aprobou as oposicións e tivo que traballar dous anos en Lugo, onde fixo amizade con Alonso Montero, e catro anos en Vilalonga (Sanxenxo), antes de volver a Pontevedra ó Instituto Valle Inclán.
Desde o seu paso por Lugo e a súa amizade con Alonso Montero, María Victoria Moreno involucrouse na defensa da lingua galega. Involucrouse tamén en impartir cursos de galego de xeito voluntario por diferentes cidades de Galicia, o que no franquismo fixo que lle retiraran o pasaporte en 1974.
Como profesora foi moi próxima ós seus alumnos, e daba aulas de forma moi lúdica. Aínda que en Pontevedra, durante o franquismo, daba clases de lingua e literatura castelás, dedic…