Conta atrás das Letras Galegas: Xosé María Álvarez Blazquez, 2008

Xosé María Álvarez Blázquez nace en 1915 no seo dunha familia de
artístas e pioneiros da literatura en lingua galega. A comezos da
década de 1930 publicará os seus primeiros poemas e arrincará os
seus estudos de maxisterio. En 1933 ingresa nas Mocedades do partido
Galeguista e por consello de Alexandre Bóveda organiza unha homenaxe
aos mártires de Carral.
En 1935 e acabados os seus estudos, é destinado á Guarda como mestre e un ano despois a Vigo, onde tamén comeza a estudar Filosofía e Letras antes do estalido da Guerra Civil. Na súa Tui natal, o seu pai, Darío Álvarez Limeses, lidera a resistencia, polo que será fusilado polos sublevados. El recibe unha amonestación e terá que servir no hospital militar de San Caetano en Santiago. Despois da guerra será desterrado en Zamora, na escola de Coreses, que abandonará en 1941 para abrir unha fabrica de tellas e ladrillos en Vigo cos seus irmáns que pechará en 1945. Nese ano comeza a traballar como secretario na Cofradía de Pescadores de V…