Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 5, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Florentino López Cuevillas, 1968

Imaxe
No ano 1886 nacía en Ourense o escritor e pai dos estudos prehistóricos Florentino López Alonso-Cuevillas. 

Tras estudar o bacharelato en Ourense foi a Santiago a facer a carreira de Farmacia e en 1906 trasladouse a Madrid a estudar Filosofía e Letras, aínda que nunca rematou esta segunda carreira nin exerceu da primeira. Traballou como funcionario en Facenda Pública en Ourense toda a súa vida.

Comezou a súa actividade literaria en castelán en xornais e revistas, ata o seu ingreso nas Irmandades da Fala, cando xunto con outros compañeiros comezaron a súa viraxe cara ás filas do galeguismo. 
Deste xeito, Cuevillas participou na creación da revista Nós en 1920 e publicou nela numerosos textos. Uniuse tamén ó proxecto do Seminario de Estudos Galegos, no que participou como director da sección de Prehistoria.

En 1936 coa Guerra Civil esta actividade galeguista quedou paralizada, pero tras o conflito Cuevillas seguiu a traballar en prehistoria con textos como La civilización céltica en Galic…

Lendo a... Manel Loureiro

Imaxe
Selección de libros do escritor pontevedrés de literatura fantástica Manel Loureiro para levar en préstamo no segundo andar da biblioteca.






Contos animados de Andersen

Imaxe
Como cada ano, a Biblioteca celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil  que se conmemora cada 2 de abril, co motivo do aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen



Este ano ademáis da programación especial das actividades infantís deste mes, tedes unha decoración especial na sala infantil e unha selección de libros que podedes levar en préstamo.








Desde a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (Oepli) lanzan cada ano un cartel e unha mensaxe especial. Podedes acceder a eles na Biblioteca ou na web da propia Oepli. E lembrarvos que o prazo para o concurso LIX está ampliado ata o 10 de abril de 2019.



Feliz Día do Libro Infantil e Xuvenil a todoas e todos.