Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 8, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Gonzalo López Abente, 1971

Imaxe
Nado en Muxía no ano 1878, López Abente estudou Dereito en Santiago de Compostela e logo viaxou por Europa, para despois retornar á vila da Costa da Morte onde se empregou na banca. En paralelo á súa actividade laboral, amosouse moi activo na vida cultural e política do país, presidindo a Irmandade da Fala de Muxía e colaborando con revistas como El Noroeste, Rexurdimento, Ronsel, Nós e A Nosa Terra, na colección Lar, e co Seminario de Estudos Galegos.
Da súa obra destaca a produción poética, que entronca inicialmente coa temática de compromiso social e político de Cabanillas en Escumas da ribeira, Alento da raza e D’Outono, para volverse máis sinxela e intimista en Nemancos, Centileo nas ondas e Decrúa, esta última publicada a título póstumo.
A súa narrativa tamén amosa ese cariz comprometido en obras como O escándalo, O novo xuez e O deputado por Veiramar, vencedor en 1919 da única edición celebrada do Premio de Literatura de A Nosa Terra. Publica tamén Buserana e Fuxidos, dúas narrac…