Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 9, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Valentín Lamas Carvajal, 1972

Imaxe
Lamas Carvajal nace en Ourense en 1849, onde estuda o bacharelato antes de desprazarse a Santiago de Compostela para estudar Medicina. Non poderá rematar a carreira por unha enfermidade ocular que eventualmente o levaría á cegueira, pero durante a súa estadía na cidade compostelá entrará en contacto coa intelectualidade galega. Logo voltará á cidade que o veu nacer, onde quedará definitivamente establecido ata o seu falecemento en 1906.
Das súas facetas destacará a xornalística, dirixindo a revista La Aurora de Galicia e o xornal El Eco de Orense e fundando dous xornais moi populares do momento: El Heraldo Gallego e O Tío Marcos da Portela (1874-1890). Mención especial merece este último, tanto pola defensa nel presentada do labrego fronte ao cacique como por tratarse da primeira publicación feita íntegramente en galego.
Pero tamén culivará a poesía, con obras como Espiñas, follas e frores, publicada en dous volumes, Dez cartas aos gallegos, Saudades gallegas ou A musa das aldeas. En pr…