Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 15, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Manuel Antonio, 1979

Imaxe
Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu en Rianxo o 12 de xullo de 1900 no seo dunha familia conservadora. Cando tiña catro anos falece o seu pai e vaise a vivir coa súa avoa materna e cun tío, polo que pasará a maior parte da súa infancia entre Padrón e Iria Flavia.
Aos once anos trasladouse a Compostela a estudar o bacharelato, é aí onde entra en contacto co republicanismo e o galeguismo. Comezou a estudar a carreira de Filosofía e Letras, pero deixouna para cursar Náutica en Vigo. Nesta época publicáronse varios poemas seus en xornais e revistas como La redención, A Nosa Terra ou Galicia.
En 1921 participou na II Asemblea Nacionalista, onde coñeceu aos membros máis importantes do galeguismo, coma Vicente Risco, entre outros. Dela saíu fortemente convencido polo ideario nacionalista e a política pasou a ser moi importante na súa vida.
A partir de 1922 comezou unha intensa actividade literaria publicando en revistas como Alfar ou Ronsele ese mesmo ano publicou xunto a Álvaro Cebreiro o manif…