Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 17, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Vicente Risco, 1981

Imaxe
Vicente Martínez Risco y Agüero naceu en Ourense en 1884, alí cursou estudos primarios e tras rematar o bacharelato, estudou Dereito na Universidade de Santiago. Unha vez licenciado, conseguiu unha praza de funcionario na delegación de Facenda de Ourense. 
En 1913 mudouse a Madrid para estudar Maxisterio, onde foi alumno de Ortega y Gasset.
Regresou a Ourense en 1916 como catedrático de Historia da Escola Normal e un ano máis tarde, fundaría xunto con Noguerol, a revista literaria La Centuria.Nestes anos comeza a época máis fecunda do autor, ingresando nas Irmandades da Fala en 1917 e converténdose en teórico do nacionalismo galego con textos como: Elementos de metodología de la historia, El problema político de Galicia ou Nós, os inadaptados. Asemade participou activamente na política galega e foi un dos fundadores da revista Nós, ademais de desenvolver unha importante labor na etnografía e antropoloxía de Galicia.  Risco foi autor de diversas novelas curtas como, Do caso que lle aconte…

Pechamos por fumigación

Imaxe
Este sábado 20 de abril pechamos por fumigación, e os depósitos permanecerán pechados ata o 29.
Desculpen as molestias.