Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 19, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Manuel Leiras Pulpeiro, 1983

Imaxe
Manuel Leiras Pulpeiro naceu en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854, foi unha das principais figuras do Rexurdimento e a súa obra caracterízase por unha temática de denuncia social.
Iniciou os seus estudos de Latín e Humanidades no Seminario mindoniense, unha vez obtivo o título de bacharel, cursou a carreira de Medicina en Santiago e Madrid, licenciándose na capital en 1877.
En 1878 regresa a Mondoñedo xa como médico en exercicio. Ser republicano, galeguista e anticlerical, creoulle numerosas dificultades na vila e incluso lle valeu o apelativo de “médico dos pobres”.
Leiras Pulpeiro tamén participou activamente na vida política, chegou a ser presidente do Comité Republicano Federal de Mondoñedo Liberal e participou na Xuntanza Federalista de Lugo que aprobou o Proyecto de Constitución para el futuro Estado gallego.
Os seus primeiros poemas foron publicados en 1884 no semanario O Tío Marcos da Portela e en 1911 viu a luz Cantares gallegos, a única obra completa publicada en vida, onde elev…