Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 20, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Armando Cotarelo Valedor, 1984

Imaxe
Armando Cotarelo Valledor naceu o 28 de decembro de 1879 en Vegadeo, despois de estudar Filosofía e Letras en Madrid, obtivo a cátedra de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1904, onde chegou a ser vicerreitor e decano.
Integrado no ambiente galeguista, foi membro activo das Irmandades da Fala, ademais de membro fundador e primeiro presidente do Seminario de Estudos Galegos. Asemade formou parte da Real Academia Galega e da Real Academia Española, así como creou e dirixiu a revista Ultreya.
Cotarelo Valledor adicouse a estudar a literatura galega medieval, sendo un dos precursores en Galicia neste aspecto.
En 1925 trasladouse a Madrid e foi nomeado catedrático na Universidade Central. Malia estar considerado un dos líderes da vida cultural galeguista, cando deu comezo a Guerra Civil, foi partidario do levantamento militar e apoiou aos sublevados.
Colaborou en diversos xornais e revistas ao longo da súa vida, ademais escribiu unha novela bilingüe