Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 23, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Francisca Herrera Garrido, 1987

Imaxe
Francisca Herrera Garrido naceu o 6 de marzo de 1869 no seo dunha familia burguesa da Coruña. Foi educada en principios tradicionais e nunha forte fe relixiosa, que se ía ver reflectida nas súas obras.
En 1909, despois da morte da súa parella e da súa nai, decide trasladarse a Madrid cunha das súas irmás, e Oleiros converteuse no lugar de vacacións para o verán. Co inicio da Guerra Civil a familia decidiu regresar temporalmente á Coruña. Con esta idea deixaron os seus bens persoais e o seu capital nos bancos madrileños, pero tres anos despois, cando volveron a buscalos, xa non estaban.
Despois da Guerra a súa vida mudou completamente, e tiveron que subsistir de xeito moi modesto, grazas a Josefa, a súa criada de toda a vida.
A obra de Rosalía de Castro marcou profundamente a Francisca, e na súa época, foi considerada a sucesora desta.
A súa primeira publicación foi  Sorrisas e bágoas (1913) inspirada no ambiente rural de Oleiros. Seguiríanlle outros poemas como Almas de muller...Volall…