Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 4, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Manuel Curros Enríquez, 1967

Imaxe
Manuel Curros Enríquez é un escritor fundamental do Rexurdimento.
Naceu en 1815 en Celanova. Aínda que moi novo marchou a Madrid a estudar o bacharelato e a carreira de Dereito, aínda que non a rematou. Participou activamente na vida cultural e política da época, en concreto na Revolución de 1868 que derrocou a Isabel II.

En 1877 gañou un certame poético en Ourense cos poemas Unha boda en Einibó, O gueiteiro e A Virxe do Cristal. Pouco despois volveu a Ourense cunha praza de funcionario.


No ano 1880 publicou o libro de poemas Aires d'a miña terra, no que se inclúen poemas de corte anticlerical como A igrexa fría ou Mirando ao chau, que lle carrexaron unha mala relación coa Igrexa católica e máis en concreto co bispo de Ourense que o denunciou. Tras ser xulgado e absolto o libro reeditouse e acadou éxito.

En 1883 marchou de novo a Madrid para traballar como xornalista en El Porvenir e en El País. Nestes anos escribiu O divino sainete (1888), obra satírica que de novo critica abert…

Conta atrás das Letras Galegas: Francisco Añón, 1966

Imaxe
Francisco Añón Paz naceu en Outes no ano 1812 no seo dunha familia acomodada. Está considerado un dos precursores do noso Rexurdimento Literario.

En 1829 ingresou no seminario e Santiago de Compostela onde estudou teoloxía e se ordenou sacerdote, para continuar logo cos seus estudos de Xurisprudencia. Tras rematar os estudos en 1843 comeza a traballar como poeta e xornalista, ademais de implicarse na vida política do momento. Foi membro da Academia Literaria de Santiago e desta época é o poema Recordos da infancia (1845).

Coa sublevación de Narváez Añón marchade Galicia e vive en Lisboa, Francia, Italia e Sevilla, ata que en 1857 fixa a súa residencia en Madrid. En 1861 participa nos primeiros Xogos Florais co poema A Galicia.

No ano 1875 era o presidente da asociación La Galicia Literaria, que pretendía reunir e dinamizar a intelectualidade galega residente en Madrid.

Foi un poeta que escribiu poesía en galego, castelán e portugués. Case sempre traballou para xornais ou para am…