Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 16, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Alfonso X o Sabio, 1980

Imaxe
Afonso X nace en Toledo no ano 1221. Crese que o futuro monarca de Castela e León pasou a súa infancia na fortaleza de Maceda, onde tería aprendido a nosa lingua. A súa vida esta marcada polos numerosos enfrontamentos que levou a cabo contra os musulmáns, na loita por facerse co título imperial e incluso nas disputas na corte que se manterían ata a súa morte en 1284 en Sevilla. Con todo, hoxe é recoñecido como home de letras. A súa labor de potenciación da cultura valeulle o alcume do Sabio estando considerado un dos mecenas literarios máis importantes da súa época.Cando Alfonso foi coroado rei de Castela e León baixo os seus dominios convivían cristiáns de diferentes linguas, unha minoría xudía e poboación musulmana. Era evidente que o latín xa non era válido como idioma común e o monarca deulle un impulso ao castelán para situala como lingua comú: fomentou a Escola de Tradutores de Toledo e organizou grupos de eruditos e escribas, xudeus, mouros e cristiáns, que prepararon edicións …