Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 28, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Xesús Ferro Couselo, 1996

Imaxe
Xesús Ignacio Ferro Couselo naceu no ano 1906 en Valga. Estudou no seminario compostelán en 1918 e en 1926 comezou a estudar Filosofía e Letras e colaborou no Seminario de Estudos Galegos. Dende cedo estivo moi interesado na historia, e máis en concreto en prehistoria. Isto fixo que deixase de lado a súa carreira eclesiástica.
En 1931 trasladouse a Vigo para traballar como profesor nun colexio xesuíta. En seguida comezou a colaborar coa revista Logos e participou na fundación do Partido Galeguista en Pontevedra, chegando a ser elixido presidente das Mocidades Galeguistas.  Tras a expulsión dos xesuítas trasladouse ao instituto de Tui como profesor interino onde crea a revista Tude. Pouco despois instalouse en Madrid para preparar as oposicións, e estivo alí durante parte da Guerra Civil. Colaborou coa CNT e Patrimonio Cruz Vermella, e formou parte das Milicias Populares Galegas da Frente Popular.
Unha vez rematada a Guerra instalouse en Ourense onde traballou como funcionario do Corpo de…

Conta atrás das Letras Galegas: Rafael Dieste, 1995

Imaxe
Rafael Dieste naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1899 no seo dunha familia acomodada. Na súa mocidade estableceu unha profunda amizade co poeta vangardista Manuel Antonio, interesándose os dous pola realidade social galega e no seu nacente nacionalismo.
Estudou xornalismo e unha vez rematada a carreira, conseguiu traballo en distintos xornais liberais de Vigo, como Galicia, El Pueblo Gallego ou Faro de Vigo, nesta cidade confluíu con nomes destacados como Carlos Maside, Valentín Paz Andrade, Luís Amado Carballo...
En 1926 editou unha recompilación de contos publicados en El Pueblo Gallego e en Galicia chamado Dos arquivos do trasno. Un ano despois ingresou no Seminario de Estudos galegos, pero a dedicación a Galicia entrou en contradición coa ambición persoal, xa que desexaba un recoñecemento maior. Así na década dos 30 viaxou a Madrid e participou nas Misiones Pedagógicas xunto a figuras como María Zambrano ou Bartolomé Cossío e ademais, creou e dirixiu o Teatro Guiñol.
Coa chegada da …