Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 1, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Castelao, 1964

Imaxe
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo en 1886, mais emigrou a Arxentina por primeira vez con só once anos. Xa de volta en Galicia rematou o bacharelato e estudou a carreira de medicina, aínda que apenas exerceu uns anos. Moi coñecida é a súa frase: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".  En 1916 acadou a praza de funcionario no Instituto de Xeografía e Estatístico de Pontevedra e desde 1917 traballou tamén como profesor de debuxo no Instituto Xeral e Técnico de Pontevedra.
Pouco a pouco Castelao foi participando cada vez máis activamente na vida intelectual e política de Galicia e está considerado o pai do nacionalismo galego.  Tamén foi destacando no eido das artes plásticas con varias exposicións e conferencias, e na escrita publicando : Cousas da vida (1922), Cousas (1929), Os dous de sempre (1934), Retrincos (1934) e As cruces de pedra na Bretaña (1930).  Castelao uniuse ó movemento artístico da República e do Galegui…