Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 26, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Fermín Bouza-Brey, 1992

Imaxe
Fermín Bouza-Brey Trillo de Figueroa foi un poeta, maxistrado e estudoso galego nado en Ponteareas no ano 1901 e morto en Santiago de Compostela en 1973.
Licenciado en Filosofía e Letras e en Dereito, Brey tivo sempre un interese especial pola cultura e historia galegas, chegando a cursar algunhas materias de Historia. Os seus numerosos traballos de investigación -feito que compaxinou durante a súa vida coa súa labor como xuíz, maxistrado e mestre de dereito-, convertíronno nunha eminencia en materias de arqueoloxía e etnografía galegas.
Seu é o mérito de rescatar o primeiro texto dramático escrito en galego, A Contenda dos labradores de Caldelas... de Feixó de Araujo, obra escrita no século XVII, e é considerado como uns dos maiores entendidos e estudosos de Rosalía de Castro. Foi un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1923), pertenceu á Real Academia Galega (1941), foi académico da Real Academia da Historia, dirixiu as Seccións de Arqueoloxía e Prehistoria do Institut…

O heroísmo máis alá da viñeta

Imaxe
Entre o 25 de abril e o 14 de maio podedes levar en préstamo esta selección de materiais bibliográficos sobre os heroes e as heroínas dos cómics.


Conta atrás das Letras Galegas: Álvaro Cunqueiro, 1991

Imaxe
Autor polifacético e revolucionario, Cunqueiro nace en 1911 na vila de Mondoñedo. Marcha estudar o bacharelato en Lugo, onde se relaciona con escritores e artístas como Evaristo Correa Calderón ou Ánxel Fole, antes de ingresar na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago. Durante a súa estadía na cidade compostelá acode aos faladoiros do Café Español e entra en contacto con persoeiros como Fernández del Riego, García Sabell, Torrente Ballester, Carvalho Calero ou Carlos Maside. Sen embargo, deixará os seus estudos inacabados para adicarse ao xornalismo, traballando como redactor en El Pueblo Gallego; e a edición, participando da aparición de varias publicacións vangardistas como Papel de color ou Galiza na vila mindoniense. En paralelo, arrinca unha produción poética neotrovadoresca con Mar ao Norde (1932), Cantiga nova que se chama Riveira (1933) e Poemas dos si e non (1933).
Tralo estalido da guerra, non será vítima de represalias gracias á influencia da súa famil…