Publicacións

Mostrando publicacións desta data: April 30, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Trobadores da ría de Vigo, 1998

Imaxe
A lírica trobadoresca é a primeira manifestación literaria da lingua galega. Johan de Cangas, Meendinho e Martin Codax representan o máximo expoñente creativo na nosa lingua no medievo. Os nosos trobadores expresáronse na lingua galego-portuguesa que entón xurdía como expresión da alta literatura.
A lírica medieval galego-portuguesa posúe características propias e unha grande produtividade e orixinalidade. A cantiga galego-portuguesa máis antiga da que se ten noticia é Ora faz ost'o senhor de Navarra datado entre 1196 e 1198. A nosa lírica medieval esténdese ata mediados do século XIV. Tras esta época de esplendor prodúcese unha etapa de decadencia coñecida como a Escola galego-castelá, antesala dos Séculos Escuros da literatura galega.
As cantigas da lírica galego-portuguesa constitúen un conxunto de 1679 cantigas profanas e 427 cantigas relixiosas. Son textos manuscritos, musicados e coleccionados nos chamados Cancioneiros. Tamén contamos con seis documentos breves que aportan in…